domingo, 8 de decembro de 2013

O 24 de novembro celebrárase o primeiro cross da tempada, o coñecido como "Belarmino", organizado polo meu clube, o Sporting Club Comesaña. O ano pasado participei por primeira vez e era a miña primeira carreira como federado. Dende aquela conseguín gañar todas as carreiras. Esta vez competía na categoría infantil e non coñecía os meus rivais así que tiña que andar con ollo. A priori, o máis forte era Leonardo Giovanni Guazzone do Val Miñor, así que decidín marcalo durante a primeira parte da proba e intentar escaparme contra o final. A estratexia saíu ben e agora a esperar o Campionato Provincial. Tamén nos clasificamos primeiros por clubes grazas ao esforzo de Iván, Xoel, Brais, Manuel... un equipazo!

Momentos antes da saída


Dous colegas de clube, Breixo, do baloncesto Peixegalego, que veu a animarme, e Xoel, do Comesaña
Co meu Presidente, Belarmino, e Leonardo, o mellor rival.



venres, 6 de decembro de 2013

Xuntanza de seleccións zonais de minibasket

Mañá sábado 7 concentración e partidos das seleccións zonais de minibasket no pavillón do Restollal en Santiago.

Seis peixes coas seleccións zonais de minibasket
(fonte páxina de CB Peixegalego)

Calendario de partidos
09:30 Selección de Santiago - Selección de Arousa
13:15 Selección de Arousa - Selección da Coruña
16:45 Selección de Arousa - Selección de Lugo

Selección masculina minibasket Arousa
(fonte: páxina da FeGaBa)

Foto: Carlos Parada

 

Cos mellores xogadores e colegas da selección arousana

 


martes, 3 de decembro de 2013

NBA

NBA
  
EL BALONCESTO ES HERMOSO.
NOS ACERCA A NUESTRA GRANDEZA Y NUESTRA FRAGILIDAD  
NOS DA OPCIÓN DE SER HEROES Y BRILLANTES.