domingo, 8 de decembro de 2013

O 24 de novembro celebrárase o primeiro cross da tempada, o coñecido como "Belarmino", organizado polo meu clube, o Sporting Club Comesaña. O ano pasado participei por primeira vez e era a miña primeira carreira como federado. Dende aquela conseguín gañar todas as carreiras. Esta vez competía na categoría infantil e non coñecía os meus rivais así que tiña que andar con ollo. A priori, o máis forte era Leonardo Giovanni Guazzone do Val Miñor, así que decidín marcalo durante a primeira parte da proba e intentar escaparme contra o final. A estratexia saíu ben e agora a esperar o Campionato Provincial. Tamén nos clasificamos primeiros por clubes grazas ao esforzo de Iván, Xoel, Brais, Manuel... un equipazo!

Momentos antes da saída


Dous colegas de clube, Breixo, do baloncesto Peixegalego, que veu a animarme, e Xoel, do Comesaña
Co meu Presidente, Belarmino, e Leonardo, o mellor rival.



Ningún comentario:

Publicar un comentario